O Concello de Padrón invertirá nos centros sociais

24.08.2010   Padrón investirá un total de 135.237 euros en obras de adecuación, mellora e rehabilitación de todos os seus centros sociais, singularmente os situados nas parroquias. O Concello adxudicou xa as obras á empresa local Juan B. Carril.

 

Estas obras afectarán de maneira directa aos centros sociais da Ponche, Extramundi, Herbón, Carcacía, Pazos, Pedroso, Cruces, Queiruga, Bascual e Iria, este último situado na urbanización A Azucareira.

A limpeza e pintado de fachadas constitúen os principais traballos comúns, que en moitos casos deben ser complementados pola reposición da cuberta ou retejados, así como a dotación de elementos básicos de seguridade ou carpintaría de portas e xanelas.

Con estas obras de mellora os centros sociais padroneses atoparanse en condicións óptimas para o seu uso por parte dos veciños. Así o estima, polo menos, o equipo de goberno padronés, conformado polo bipartito PSOE-CIPa.

 

FUENTE: LA VOZ DE GALICIA