Antón Louro afirma que os traballos do AVE son prioritarios
23.06.2010 No seu repaso ás obras vinculadas a fondos estatais, o delegado do Goberno referiuse tamén aos dous proxectos que o Concello de Padrón presentou para ser financiados con cargo ao denominado 1% cultural e que, en total, suman un investimento de 1,2 millóns de euros. Trátase de importantes obras de mellora no Xardín Botánico-Artístico e da rehabilitación da antiga casa dos capeláns de Iria para a súa conversión en museo de Padrón. En ambos os casos, é necesario un informe da Dirección Xeral de Patrimonio, organismo ao que Antón Louro animou onte a emitir o documento par«canto antes proceder a executar as actuacións».

Tamén falou dun convenio entre o Goberno do Estado e o da Xunta en materia de desenvolvemento de infraestruturas rurais e que deixará en Padrón 145.800 euros, así como outro na área de vivenda que lle achegará 45.000 euros.
Por outra banda, Antón Louro desmentiu por completo calquera posibilidade de paralización das obras da liña da AVE ao seu paso por Padrón ou Rois e asegurou que todo o trazado é unha «actuación prioritaria». Así, asegurou que o tramo entre A Coruña e Vigo funcionará no 2012.





