Axudas para a rehabilitación do casco antigo
O Concello de Padrón ven de aprobar axudas para a rehabilitación de edificios e vivendas sitas no centro histórico da capital comarcal.
O prazo para presentar solicitudes remata o vindeiro 15 de febreiro. Os interesados poden acudir as oficinas do Concello para recabaren máis información.





