Aula de informática e CeMIT

 

AULA DE INFORMÁTICA.

A Aula de Informática, situada no edificio do Centro Sociocultural, pon a disposición dos usuarios/as as súas instalacións no seguinte horario:

 

AULA ABERTA

DE INTERNET

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VERNES

9:00 - 10:00

AULA

ABERTA

AULA

ABERTA

AULA

ABERTA

AULA

ABERTA

AULA

ABERTA

10:00-11:00

AULA

ABERTA

AULA

ABERTA

CURSO:

AULAS 3ª EDAD

AULA

ABERTA

AULA

ABERTA

11:00-12:00

AULA

ABERTA

AULA

ABERTA

CURSO:

AULAS 3ª EDAD

AULA

ABERTA

AULA

ABERTA

12:00-13:00

AULA

ABERTA

AULA

ABERTA

AULA

ABERTA

AULA

ABERTA

AULA

ABERTA

13:00-14:00

AULA

ABERTA

AULA

ABERTA

AULA

ABERTA

AULA

ABERTA

AULA

ABERTA

CeMIT:

Centro de Modernización e Innovación Tecnolóxica

A Aula CeMIT de Padrón situada na rúa Mollet del Vallés nº 4-6, é unha das numerosas aulas públicas existentes en Galicia. Un servizo público e gratuíto para tódolos cidadáns financiado pola Secretaría de Modernización e Innovación Tecnolóxica (SXMIT) da Xunta de Galicia en colaboración co Concello de Padrón.

Dita Aula, abre as súas portas ao público dende o luns 11 de xullo de 2011, coa finalidade primordial de conseguir a alfabetización dixital e a inclusión tecnolóxica dos seus habitantes, os cales se atopan distribuídos nas parroquias de Carcacía (San Pedro), Cruces (Santa María), Herbón (Santa María), Iria Flavia (Santa María) e Padrón (Santiago).

Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Padrón pon a disposición de todos os usuarios/as interesados/as as instalacións e recursos humanos e materiais.

Neste senso, o Centro de Modernización e Innovación Tecnolóxica (CeMIT) padronés, posibilita a todos aqueles cidadáns as seguintes áreas de actuación.

SERVIZOS:

Entres as súas actividades están:

u "Aula Aberta": acceso libre e gratuíto, para conectarse á rede (Internet) nos horarios establecidos[1] a través dos 11 postos de mesa dispoñibles. O servizo de Aula Aberta ofrece a posibilidade á cidadanía, en xeral, e os padroneses, en particular, de acceder de maneira libre e gratuíta ás instalacións do CeMIT e utilizar o equipamento que nelas se atopa despregado.

Neste senso, e dentro dun horario claramente establecido publicado na porta da aula CeMIT de Padrón, os usuarios poden facer uso libre dos equipos para as súas necesidades particulares: procura de emprego, facer retoques nas súas fotografías, formación online, consulta de correo electrónico, navegación por Internet, etc.

Como apoio adicional, a responsable da aula (Axente TIC) asesora e axuda aos usuarios nas súas dúbidas e problemas tecnolóxicos cando estes o precisan.

u Rede Wifi: O CeMIT de Padrón posibilita conectarse en toda as súas instalacións á rede Wifi do Centro Multimedia de Galicia (CMG), habilitando un espazo (sala Wifi) para que os usuario/as poidan acercarse cos seus dispositivos (móbiles, ordenadoras portátiles, PDAs, etc) e facer uso da mesma.

u Sala multiusos: O CeMIT de Padrón posibilita as PEMES, MICROPEMES, asociacións, Administracións Públicas a nivel estatal, autonómico como local, etc., a realización de actividades de in/formación que non requiran medios informáticos (Ex.: curso de graduado en ESO, etc), na sala Wifi coa finalidade de ofrecer o máximo aproveitamento das instalacións do CeMIT padronés para actividades formativas.

u Formación: Asistir, as diversas actividades in/formativas para favorecer a alfabetización dixital e o desenvolvemento da Sociedade da Información (SI) por parte da cidadanía, a través do catálogo in/formativo do que a poboación en xeral e os padroneses, en particular, poden estar ao corrente mediante: 

n A publicidade mensual (carteis, dípticos, trípticos, etc.) exposta notablón de anuncios da propia aula CeMIT.

n A publicidade mensual (carteis, dípticos, trípticos, etc.) exposta notablón de anuncios do Concello de Padrón.

n A páxina Web oficial da aula CeMIT.PADRÓN dispoñible enhttps://cemit.xunta.es, na que a Axente TIC publica semanalmente a información relativa o CeMIT padronés: horarios, curso, activades, charlas, etc.

n A bitácora da aula CeMIT.PADRÓN dispoñible enhttps://cemitpadron.blogspot.com/ na que a Axente TIC publica diaria e semanalmente a información e o día a día do transcorrer da aula.

Deste xeito, a Aula CeMIT de Padrón convértese en un verdadeiro espazo aberto de in/formación, comunicación e difusión nos que calquera cidadán pode, sen custo algún, achegarse ás Novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (NTIC), e facer uso delas de modo persoal e independente co asesoramento especializado da responsable da aula.



[1] Os horarios relativos ao servizo de Aula Aberta para o acceso aos 11 postos informáticos, están suxeitos ás actividades de formación, polo que o acceso libre aos postos informáticos serán en todas aquelas franxas horarias en que a aula non estea ocupada pola impartición das actividades formativas programadas mensualmente.