Arquitectura Civil

O Sar, o río de Compostela, é tamén o de Padrón, que quedan así vinculados por este brazo de auga, que está atravesado por dúas importantes pontes ó seu paso pola vila: a ponte Romana, e a ponte Santiago.

Ponte Romano

Ponte Santiago

Fonte do Carme

Pazo do Bispo de Quito

Ponte Romano

subir

Se o viaxeiro procede do sur, da provincia de Pontevedra, tería que salvar o ancho Ulla por unha ponte da que as bases foron romanas, aínda que hoxe as sucesivas reformas mutilaran a obra e sexa difícil recoñecer a pegada do imperio latino.

 

 

 

Ponte Santiago

subir

Unha vez que o visitante descansou nos bancos protexidos do sol polos árboles do espolón,  o mellor é cruzar a ponte de Santiago que data de 1852, e que substituíu a outra que foi arrasada por unha crecida do río. Esta ponte une a zona chamada "A trabanca" co casco antigo de Padrón.

Cruzada a ponte, unha visita obrigatoria é visitar a fonte do Carmen e o convento. Tamén na mesma rúa, podemos coller as escaleiras que nos levarán o Santiaguiño.

 

Fonte do Carme

subir

Foi reconstruída cando terminaba o século XVIII, onde unha clara inscripción no exterior informa ao recentemente chegado de que reedificouse esta fonte reinando o señor don Carlos IIII sendo alcalde don Joaquín Foxi Bendaña, no ano 1789, mentres no interior advírtese que, o ilustrísimo señor don Manuel de Sanlúcar, bispo de Sidonia, concedeu 40 días de indulxencias a todos os que devotamente rezaren unha salve diante desta imaxe.

 

 

Pazo do Bispo de Quito

subir

Moi preto da praza de Macías está a casa consistorial, levantada no século XVIII e que presume de escudo granítico da vila, e, a escasa distancia, tamén se atopa o palacio do Bispo de Quito, que foi propiedade de Alonso da Pena e Montenegro, quen desempeñou a dignidade de bispo e foi, en Perú, capitán xeral de Quito; nese país americano faleceu en 1688. No palacio, asoportalado, onde manda o arco de medio punto, destacan os dous escudos que dan á Rúa dás , un deles coa data do ano 1669.