Inxección de máis de 200.000 € para revitalizar o Xardín Artístico
12.08.2010 Elevar o xardín artístico á categoría que se merece e paliar os anos de abandono do recinto arboledo.

Son dous dos obxectivos que se propuxo levar a cabo o Concello de Padrón, a través da Concellaría de Parques e Xardíns que dirixe o socialista Manuel García. Neste sentido, a aposta do executivo local é forte, xa que ten deseñado para o xardín padronés, declarado Xardín Artístico en 1946, tres grandes proxectos, complementarios entre si e que suman en conxunto máis de 200.000 €, segundo os datos ofrecidos polo edil.
Segundo explica Manuel García, o primeiro dos proxectos, o de maior contía, prevese financiar co 1% de Fomento, pertencente aos traballos do Tren de Alta Velocidade. Este proxecto contempla obras de remodelación en todo o recinto e expón un aforro substancial de consumo de auga.
García recalca que este plan, cun investimento de 199.364 euros, diríxese fundamentalmente a mellorar os trazados do xardín, desvirtuados a mediados dos 80, recuperar os macizos e mellorar os sistemas de rega e drenaxe. Tamén se prevé recuperar o pozo situado á beira da caseta, e adaptar os sebes á normativa estándar, e noutros casos, repolos.
O outro proxecto refírese ao peche do recinto. Só este ten un custo de 60.000 euros e a actuación vai encamiñada a protexer ao recinto dos continuos actos vandálicos do que é obxecto (os últimos tiveron lugar o pasado mes de xuño). Na actualidade, o recinto arboledo ten un lateral aberto. O peche permitirá pór un horario de visita e pechar as portas pola noite, facilitando tamén así a súa vixilancia.
O último dos proxectos vai dirixido a rehabilitar a caseta, actualmente nun estado lamentable e que ofrece unha imaxe de abandono do conxunto arboledo. A recuperación deste inmoble e a redistribución de espazos prevese como unha das actuacións a realizar polo obradoiro de emprego (solicitado pero aínda non aprobado).
Neste sentido, Manuel García apunta que nos plans do Concello está dotar ao xardín de servizos públicos e dunha aula da natureza. "É un proxecto ambicioso que esperemos que salga adiante", recalca o concelleiro, apuntando que "o obxectivo é claro: elevar o xardín de Padrón á categoría que se merece".
Pulmón verde desde 1875
???O xardín padronés ha xogado e segue xogando un papel importante para a vila rosaliana. É un auténtico pulmón verde en pleno centro urbano. O recinto ocupa unha mazá urbana (ten unha superficie aproximada dunha hectárea). É desde 1875 de titularidade municipal e ao longo dun século todas as actuacións nel estaban relacionadas co seu mantemento e limpeza. Pero a partir de 1984, levaron a cabo actuacións que desvirtuaron o trazado orixinal do mesmo. No ambicioso proxecto que elaborou o Concello está o recuperar o seu antigo esplendor e restaurar o trazado da súa planta. O xardín, que obtivo a declaración de Artístico polo Real Decreto de 11 de xaneiro de 1946, conta entre os seus exemplares con árbores singulares.





